Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

01/02/21 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 800.000 euros na programación das salas privadas de concertos a través dunha liña extraordinaria de subvencións

O DOG publica hoxe esta nova convocatoria da Consellería de Cultura, que busca achegarlles liquidez tanto para enfrontar os efectos do seu peche por mor da pandemia como para retomar a súa actividade no marco do Xacobeo 2021

01/02/21 | 11:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 125.000 alumnos benefícianse este curso do Fondo Solidario e das axudas a libros de texto da Xunta de Galicia

A Consellería de Educación reparte 564.000 manuais do fondo dirixido ao alumnado de 3º a 6º de Primaria e os catro cursos de ESO

31/01/21 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O préstamo de libros electrónicos nas bibliotecas públicas da Xunta duplícase desde o inicio da pandemia

GaliciaLe, a plataforma de préstamos de publicacións dixitais xestionada pola Consellería de Cultura, rexistrou 129.784 préstamos en 2020 fronte aos 56.144 do ano anterior

30/01/21 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta en Francia unha versión ampliada do catálogo ‘Shorts from Galicia’ para reforzar a difusión das curtas galegas

Ofrece novos contidos interactivos e aumenta a nove os títulos da súa escolma, que inclúe as tres curtametraxes coas que Xacio Baño, Alberto Vázquez e Eloy Domínguez Serén compiten no prestixioso festival de Clermont-Ferrand

30/01/21 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece o labor dunha ducia de centros escolares e docentes cos primeiros premios ‘Innovagal’ á innovación educativa

Esta iniciativa pon en valor o labor de profesorado e colexios e institutos que desenvolvan enfoques didácticos ou organizativos para dar resposta ás necesidades do seu alumnado

29/01/21 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo certifica que o sistema está preparado para o ensino virtual, con horarios-espello e aulas virtuais operativas e 30.231 docentes formados

Román Rodríguez insistiu en que a prioridade é manter o ensino presencial, cuxa seguridade está avalada polo Comité Clínico, pero subliñou a responsabilidade de estar preparados, de xeito preventivo, para a atención virtual por se a situación sanitaria o esixira

29/01/21 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ultima os trámites para incoar a declaración da Casa Cornide como Ben de Interese Cultural

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, respondeu unha pregunta no Parlamento sobre o estado dos informes do inmoble

28/01/21 | 16:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
28/01/21 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza cunha sesión formativa en liña o uso da nova ferramenta de ventilación que xa empregan 451 centros

O obxectivo do curso celebrado hoxe é continuar coa información e axudar ao manexo da aplicación e á interpretación dos datos personalizados que facilita o espazo web aos centros