Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

12/02/21 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Concello de Ferrol acordan intensificar a colaboración para a candidatura da cidade a Patrimonio da Humanidade

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo un encontro telemático co alcalde, Ángel Mato, para reforzar as liñas de cooperación

12/02/21 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo avalía as medidas do Plan de benestar emocional para o ensino que será presentado a vindeira semana

O obxectivo é acompañar a alumnado e profesorado neste ámbito, dado que se pode ver afectado polos cambios que a pandemia trouxo consigo

12/02/21 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O certame 'Lingua de namorar' da Xunta actualízase con novidades en Instagram na súa décima edición

O concurso de declaracións de amor en galego na rede no que pode participar a mocidade dos 14 aos 35 anos incorpora unha terceira categoría de premio exclusiva para a rede social

12/02/21 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A VIII Mostra do Entroido pon en valor as Xeneralas da Ulla para celebrar o carnaval no ensino

Os equipos de dinamización da lingua galega dos centros participantes difunden o proxecto audiovisual feito por Títeres Cachirulo para o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia

12/02/21 | 10:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo de selección para coproducir tres novos espectáculos de danza co Centro Coreográfico Galego

A iniciativa vai dirixida a profesionais do sector, que recibirán unha achega de ata 18.000 euros por parte da Consellería de Cultura, ademais de poder utilizar as instalacións do CCG na Coruña para o desenvolvemento do proxecto

11/02/21 | 14:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis do 96% do alumnado que se examina en Galicia do DELF escolar obtén o certificado, 8 puntos máis ca media española

Galicia é a cuarta comunidade en número de alumnos que se examinan destas probas, no marco do Convenio de colaboración coa Embaixada de Francia

11/02/21 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria
11/02/21 | 14:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A dotación das axudas da Xunta aos festivais audiovisuais continúa en aumento e sitúase en 200.000 euros

O DOG publica hoxe a nova convocatoria destas subvencións, que manteñen un incremento económico progresivo e continuado desde a súa creación en 2015

11/02/21 | 12:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura achegará ao público a mostra 'As miradas de Isaac' a través de visitas guiadas en directo por Youtube

Esta fin de semana ás 12,00 horas, o equipo de guías do Museo Centro Gaiás explicará a través destas emisións os contidos da mostra

10/02/21 | 18:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez afirma que a Xunta traballa en solucións para dar o mellor transporte escolar ao Courel

O conselleiro de Educación lanza unha mensaxe de tranquilidade ás familias e reitera o “absoluto apoio” do Goberno galego ao ensino no rural