Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Museo Gaiás abre o ‘Galiverso’, un espazo que difunde o patrimonio artístico e cultural de Galicia a través da realidade virtual
A Cidade da Cultura é a primeira entidade en acoller esta proposta da Xunta que se constitúe como unha ventá aberta ao futuro Centro de Artes Dixitais de Galicia
Román Rodríguez anuncia que os Orzamentos da Xunta incrementan nun 52% as contías para a FP
Nunha reunión de traballo cos directores dos centros integrados de FP, avanza que é o departamento que máis medra na Consellería de Educación
Román Rodríguez anuncia a rehabilitación integral da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón cun investimento de 1 M€
Subliña que a cidade de Lugo concentra o maior número de proxectos educativos en marcha, por un importe de máis de 12 M€
A Xunta reforza o seu compromiso co Festival Kerouac de Vigo, unha das citas de poesía escénica máis lonxevas de España
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da décimo segunda edición deste festival que se celebrará do 20 ao 22 de outubro
O rural de Lugo e Ourense reinvindica a súa vitalidade no inicio de ‘Aldearmos’ ao abeiro do programa da Xunta ‘Territorio Cultura’
Forma parte da quincena de propostas públicas e privadas adxudicatarias da primeira convocatoria deste fondo, a través do que se investirá preto de 1,3M€ na ampliación e diversificación da oferta cultural galega en zonas non urbanas
O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta chega xa a 800 centros tras sumarse 25 novos
O orzamento da Consellería de Educación para este programa elévase a 1,6M€
Román Rodríguez anuncia que os orzamentos de 2023 inclúen unha partida específica para a ampliación do instituto Aquis Celenis, cuxo importe se eleva a 3,75M€
As contas do ano que vén contemplan 200.000€ para a redacción do proxecto da obra
Publicado en edición facsimilar o Plan pedagóxico de Vicente Risco co gallo do seu centenario
Confeccionado polo intelectual ourensán, este plan buscaba reformar de forma profunda o modelo escolar galego de principios do século XX
A Xunta impulsa a internacionalización da literatura galega coa participación de máis dunha decena de editoriais na Feira do libro de Frankfurt
A partir de mañá e ata o 23 de outubro, o espazo institucional permitirá a realización de reunións profesionais con axentes procedentes de diversos países do mundo