Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

28/02/21 | 11:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso abre este luns ata o 22 de marzo

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como aos de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexen cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

27/02/21 | 12:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá preto de 650.000 € para garantir a conservación e autenticidade do Camiño Real á fortaleza de Monterrei

Román Rodríguez avanzou que os traballos que se licitarán nas vindeiras semanas van incrementar e reforzar o interese patrimonial deste espazo medieval

26/02/21 | 17:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O novo proxecto ‘Xacobeo Miudiño’ impulsa o Camiño de Santiago con audiovisuais interactivos para a cativada co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a responsable de Seispés Producións, Xiana Lastra, presentan esta iniciativa do Fondo Xacobeo 2021

26/02/21 | 16:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Preto de 15.000 profesores foron xa vacinados, nun proceso que se intensificará durante a fin de semana

Á espera de datos de vacinación efectiva, a resposta dos docentes á campaña supera o 90% nas súas primeiras xornadas

26/02/21 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta prorroga ata o 4 de abril a exposición ‘Vestir épocas’ que xa visitaron case 6.000 persoas no Museo de Belas Artes

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe o catálogo da mostra que pode visitarse de xeito presencial e virtual a través da súa páxina web

26/02/21 | 13:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As oposicións de Educación desenvolveranse do 19 de xuño ao 23 de xullo, de forma escalonada e descentralizada máis alá das sete cidades

O obxectivo é garantir a seguridade sanitaria na convocatoria máis ampla neste eido, con 3.894 tras a ampliación para profesores técnicos de FP

26/02/21 | 11:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a FP Dual e a relación coas empresas como a principal opción de futuro na Formación Profesional

Salientou a alta empregabilidade desta modalidade e o contacto que supón para os estudantes coa realidade laboral

25/02/21 | 13:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta completa a programación do primeiro semestre no CGAC con dúas exposicións sobre a música electrónica e a forza da imaxe

O representante autonómico reivindica os museos galegos como espazos seguros que ofrecen á cidadanía unha diversa oferta cultural e de lecer

25/02/21 | 12:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 apoiou xa máis de 350 iniciativas de empresas e profesionais do sector

O secretario xeral de Política Lingüística fixo no Parlamento balance deste repositorio de contidos creativos en galego

25/02/21 | 12:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e as industrias culturais avanzan da man no deseño do novo hub cultural coa análise das primeiras propostas

O director da Agadic, Jacobo Sutil, explicou no Parlamento que este proxecto de 9,6 M€ nace como unha aposta de innovación fronte á covid