Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

03/03/21 | 11:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A preestrea do filme 'Nación' de Margarita Ledo Andión abre o venres no CGAI unha nova edición do ciclo 'Olladas de Muller'

Organizado pola Xunta en colaboración co Consello da Cultura Galega no marco da conmemoración o vindeiro luns do Día Internacional da Muller, inclúe seis filmes feitos por e sobre mulleres de diversas nacionalidades

02/03/21 | 18:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en valor argalladas e brinquedos ecolóxicos dirixidos á infancia cos audiovisuais ‘Xoguetes naturais’

O secretario xeral de Política Lingüística presentou hoxe os cinco videotitoriais que animan ás familias a botar man da natureza para transmitir o coñecemento tradicional e dinamizar a lingua galega

02/03/21 | 13:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As oposicións de Educación desenvolveranse en arredor de 16 localidades diferentes nas catro provincias

Os primeiros concellos confirmados, ademais das sete cidades, son Oleiros, Viveiro, Lalín, Vilagarcía e O Carballiño

02/03/21 | 13:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre ao público en Santiago a exposición homenaxe á ilustradora Lolita Díaz Baliño con pezas orixinais da autora

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitaron a mostra enmarcada nos actos do Día da Ilustración que tiveron que aprazarse pola situación sanitaria e que se poderá ver ata maio

02/03/21 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Fundación Paideia organizan o V Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais con primeiras figuras do sector

Os encontros reunirán expertos do eido musical en tres sesións, baixo o título ‘Amplificando o directo: novos escenarios na contorna dixital’

02/03/21 | 11:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás analiza no marco do 8M os desafíos do liderado feminino con profesionais da arte, da tecnoloxía e da espiritualidade

A vicedecana do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e primeira muller en dirixir unha Escola de Enxeñería en Galicia, Edita de Lorenzo, e a propietaria da galería Trinta, Asunta Rodríguez, son dúas das convidadas

01/03/21 | 18:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a ampliación do Museo do Pobo Galego permitirá ofrecer un cadro aínda máis completo de Galicia ao incluír un percorrido pola historia autonómica

Reitera o compromiso da Xunta con todas as dotacións e equipamentos culturais da Comunidade, reflectido na recente aprobación da Lei de Museos

01/03/21 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias informa da autorización de patrimonio cultural da desmontaxe da edificación na rúa Areal 34, no concello de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo anunciou hoxe o visto bo da Dirección Xeral á modificación da autorización do pasado mes de maio, permitindo así a desmontaxe dos elementos de pedra das medianeiras e fachada

01/03/21 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o proceso de participación cidadá na elaboración do Plan Integral para a Danza de Galicia

A través da web da Agadic activouse un formulario no que se poderán realizar achegas nun prazo de 20 días naturais

01/03/21 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a Formación Profesional na área da Coruña coa creación do novo CIFP Universidade Laboral, que reforza a oferta formativa, as prazas dispoñibles e a dotación de profesorado

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que a especialización deste centro de Culleredo enmárcase na aposta do Goberno galego polas ensinanzas de FP como referente de innovación e empregabilidade