Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

05/03/21 | 18:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza que a Xunta reforzará o seu apoio á formación da escola taller do Museo do Gravado de Ribeira

Dáse resposta a unha demanda do centro museístico e permitirá completar o ensino do alumnado de Belas Artes e os estudosos do gravado

05/03/21 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia celebra o seu décimo aniversario cunha programación que inclúe homenaxes a Pardo Bazán e Xela Arias

O secretario xeral de Cultura da Xunta presentou as actividades con mostras, encontros con escritores e xornadas que se desenvolverán desde este mes de marzo

05/03/21 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala que Galicia avanzará nun modelo de escola plenamente inclusiva co novo Plan de atención á diversidade

A normativa aposta pola colaboración coas familias e os colectivos sociais para fomentar o talento do alumnado con necesidades especiais e poñer en valor as súas capacidades

04/03/21 | 18:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta participa en Sarria na apertura dos actos conmemorativos das Letras Galegas 2021

Con motivo do 59º aniversario do nacemento de Xela Arias, a súa vila natal acolle a inauguración da mostra 'Aquela nena de Sarria', promovida por Galicia Dixital e o Colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

04/03/21 | 17:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez realiza un balance satisfactorio do desenvolvemento do curso co reto de mantelo no tramo final

A Xunta e a comunidade educativa fan seguimento das medidas tomadas e abordan a planificación dos próximos meses

04/03/21 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia o 50 aniversario do Museo do Castro de Viladonga cunha mostra sobre o patrimonio cultural e natural da Vía Rexia

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición, que remata en novembro

04/03/21 | 13:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha na Cidade da Cultura un programa anual de residencias artísticas para afianzala como viveiro creativo

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a primeira edición que implica ao Centro Dramático Galego e os colectivos RPM, CHARCO e AÏS

03/03/21 | 14:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reduce o consumo enerxético do IES Vilar Ponte de Viveiro tras destinar máis de 230.000 euros ás obras de rehabilitación

O delegado territorial, Javier Arias, visitou o centro para comprobar o resultado dos traballos de mellora da eficiencia das instalacións, que xa finalizaron

03/03/21 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta traballa para implementar a intelixencia artificial en todas as etapas do ensino en Galicia

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presidiu a constitución do grupo de expertos, integrado por profesionais das tres universidades e docentes especializados no ámbito tecnolóxico, que deseñará as accións específicas neste campo para incorporar ao sistema educativo galego

03/03/21 | 12:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica os traballos de restauración da igrexa de San Vicenzo de Pombeiro en Pantón por máis de 260.000 €

O templo, declarado Ben de Interese Cultural, é un dos mosteiros máis relevantes da Ribeira Sacra e unha das xoias do románico en Galicia