Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

10/03/21 | 11:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria de axudas ao funcionamento das salas escénicas privadas cun orzamento de 150.000 euros

A través da medida, consensuada co sector, búscase impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional e a consolidación destes espazos

09/03/21 | 18:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias supervisa as obras dos IES A Guía e Castelao nas que a Xunta está a investir preto de 500.000 euros

A delegada territorial da Xunta en Vigo sinala que o Goberno galego ten en execución nos centros escolares da cidade obras por máis de 2 millóns de euros

09/03/21 | 15:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias chama a reorientar a formación e adaptarse aos novos perfís profesionais que demandan as empresas

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou o CIFP de Coia no que se imparten 15 especialidades de formación profesional non regrada e dous ciclos superiores; de Mecatrónica Industrial e Automatización e Robótica

09/03/21 | 13:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita a restauración do retablo maior e as imaxes da igrexa de Santo Tomé de Serantes, en Leiro, e da Ponte Pedriña, en Celanova

Gabriel Alén manifestou a aposta decida pola conservación do noso patrimonio histórico-cultural, por iso “dende a Xunta queremos darlle o mellor futuro ao noso pasado máis singular”

09/03/21 | 11:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará o Plan Recupera para que o alumnado reforce as aprendizaxes non consolidadas durante a pandemia

“Sen baixar a garda ante a covid, cómpre avanzar para reactivar Galicia desde a educación e a cultura. Coidar o noso rico pasado e asegurar o futuro”, subliña

08/03/21 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego reforzará as accións a prol da igualdade na produción, difusión, gobernanza e comunicación

No Día Internacional da Muller, a unidade de produción escénica da Xunta formalizou a súa adhesión á iniciativa ‘Temporadas de Igualdade MH nas artes escénicas’, promovidas pola Asociación Clásicas y Modernas

08/03/21 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Arquivo de Galicia celebra o Día da Muller cunha mostra homenaxe a Luz Pozo Garza con pezas da súa colección persoal

Os secretarios xerais de Cultura e da Igualdade, Anxo M. Lorenzo, e Susana López Abella, xunto ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes e familiares da autora inauguraron a exposición que estará aberta ata xuño

07/03/21 | 19:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dixitalizará este ano fondos da Guerra Civil e a posguerra custodiados nos seus arquivos históricos

Destina máis de 170.000 euros para identificar e facilitar o acceso a 1,3 millóns de documentos no inicio duns traballos que levarán ata a Transición

06/03/21 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre unha nova convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 dotada con 3M€

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto durante un mes a partir do luns e os proxectos deberán executarse antes do 15 de decembro de 2021

05/03/21 | 18:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Banda da Loba homenaxea a Xela Arias cun novo videoclip no marco da programación das Letras Galegas da Xunta de Galicia

A formación feminina lanza hoxe a peza 'Intempériome', coa colaboración da Consellería de Cultura, nas vésperas do 8M e con motivo do 59º aniversario do nacemento da autora á que a RAG lle dedica o 17 de maio