Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

18/03/21 | 20:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa o proxecto 'Cantando a Carvalho Calero' que promove a obra do autor desde un punto de vista pedagóxico

Trátase dun libro-disco, resultado dun traballo promovido polo profesor José Luis Fernández Carnicero, que sae do prelo co apoio da Consellería de Cultura

18/03/21 | 19:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás exhibe unha escolma da mellor arte contemporánea da fundación RAC, unha das coleccións máis relevantes de España

A mostra ‘Os brancos segredos do seu ventre’ exhibe desde hoxe no Museo Gaiás un percorrido cromático por máis de medio cento de obras deste valioso fondo

18/03/21 | 17:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento de preto de 1M€ na rehabilitación integral do colexio de Portonovo en Sanxenxo

A actuación desenvolverase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para todas as obras que se realicen en instalacións educativas a medio prazo

18/03/21 | 15:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza as liñas do Plan de nova de arquitectura pedagóxica que estará dotado con 191 millóns de euros ata 2024

Precisa que todas as obras que executen nese período quedarán suxeitas a estas normas

18/03/21 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta inviste máis de 1,5 M€ na instalación de dúas centrais de biomasa no campus de Pontevedra e a cidade educativa da Xunqueira

O obxectivo é reducir o impacto no medio ambiente, acadando un sistema de calefacción máis eficiente desde o punto de vista enerxético para nove centros de ensino e facultades

17/03/21 | 15:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta presenta a versión actualizada do Celga 1 en liña que permite por primeira vez a autoformación en lingua galega

“O recurso supón un gran avance para achegar e facerlle accesible a aprendizaxe do galego á cidadanía, independentemente do lugar onde resida ou do momento que poidan dedicarlle”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística

17/03/21 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achégalles a escena aos máis novos a través do recurso didáctico ‘Das musas ao teatro’

O Centro Dramático Galego pon á disposición dos centros educativos e da sociedade en xeral o traballo elaborado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

17/03/21 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que Galicia contará co primeiro Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas

O Plan, que será aprobado no Consello da Xunta de mañá, é unha iniciativa pioneira para implantar un novo modelo arquitectónico ao servizo dos proxectos educativos que reforce os colexios e escolas na etapa poscovid

17/03/21 | 12:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás conmemora o día da narración oral coa contacontos Marta Ortiz e un repertorio da tradición galega e portuguesa

A Xunta programa o sábado 20 de marzo ás 12,00 horas o espectáculo familiar titulado ‘Galicia Máxica’, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos