Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

31/03/21 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Contos, obradoiros e exposicións enchen abril de actividade na Biblioteca da Xunta en Ourense

O delegado territorial da Xunta visitou esta mañá a Biblioteca Pública Nós para ultimar coa súa directora as actividades que se desenvolverán no mes de abril

30/03/21 | 18:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta súmase á campaña do Día Mundial do Autismo no marco da elaboración do novo Plan de atención á diversidade

Román Rodríguez destaca a importancia da colaboración coas entidades especializadas e de que as familias poidan participar na escolla da modalidade de escolarización dos seus fillos

30/03/21 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá 1,5 M€ na rehabilitación dos institutos Lucus Augusti e Nosa Señora dos Ollos Grandes a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica

Román Rodríguez salienta que serán dos primeiros centros adaptados ao modelo poscovid que impulsa o Goberno galego, con espazos máis amplos, flexibles e sostibles, o que suporá “un plus de calidade” para a comunidade educativa de ambos

30/03/21 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo de Belas Artes da Coruña prorroga a mostra 'Vestir épocas' ata o 30 de maio dado o éxito de visitas

É a segunda vez que se prorroga a exposición, que xa viron case 7.500 persoas

30/03/21 | 11:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O novo Plan Catedrais da Xunta blindará a conservación e rehabilitación das cinco galegas no horizonte do Xacobeo 2027

Porase en marcha esta primavera co fin de reforzar a planificación e dar continuidade ao esforzo inversor levado a cabo nestes bens nos últimos anos

29/03/21 | 17:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta porá en marcha mecanismos para a aplicación dos 106.000€ que o Goberno transferirá para a memoria democrática

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou por videoconferencia na constitución oficial da Conferencia Sectorial

29/03/21 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e USC colaborarán para reforzar a investigación da lingua galega nas redes sociais e na mocidade

O Goberno autonómico estende o seu apoio por catro anos máis coa intención de dar maior estabilidade aos proxectos dos grupos de investigación

29/03/21 | 14:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CDG ultima os ensaios da produción teatral ‘Terceiro acto’ para a súa estrea no Salón Teatro o 15 de abril

Dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, con textos da súa autoría a partir de improvisacións co elenco, a peza reflexiona sobre a última etapa da vida

29/03/21 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia continuará sendo a CCAA cos prezos de matrícula universitaria máis baixos e cumpre xa cos novos requerimentos

O Ministerio propón fixar un prezo máximo de referencia para os máster habilitantes, en función do da matrícula de grao