Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Os preparativos da exposición da Xunta do Ano Picasso 2023 afrontan a súa fase final para divulgar a “galeguidade e vinculación coruñesa” do artista
A cinco meses da inauguración da mostra no Museo de Belas Artes da Coruña, culminouse xa a xestión coas entidades prestadoras e avánzase no futuro catálogo e nas ferramentas dixitais que a poidan complementar
As probas para a obtención dos certificados de lingua galega realizaranse na segunda quincena de novembro
Os exames para a obtención do Celga 4 terán lugar o 19 e o 20 de novembro, para o Celga 3 o sábado 26 e para o Celga 2 o domingo 27
As bibliotecas do Porriño e Soutomaior reciben o V premio á innovación nunha xornada sobre a pontencialidade creativa deste servizo público
Os proxectos galardoados afondan por un lado na importancia do acompañamento infantil nestes centros así como na atención ao colectivo de maior idade con iniciativas como achegar o servizo de préstamo en furgoneta en contornos rurais
Un total de 3.706 estudantes de FP benefícianse das axudas da Xunta para que realicen prácticas formativas en Galicia, España e no estranxeiro
O obxectivo desta acción, dotada cun orzamento de 800.000€, é compensarlle parcialmente ao alumnado os gastos derivados destas actividades
Volven as ‘Quintas do Camões’ á sede do Centro Dramático para poñer o foco nas raíces comúns do galego e o portugués
Esta nova edición do ciclo, promovido xunto ao Centro Cultural Portugués do Instituto Camões en Vigo, comeza mañá no Salón Teatro de Santiago coa presentación da ‘Antoloxía do teatro galego contemporáneo’ pola Cena Lusófona
Román Rodríguez destaca as melloras da Xunta no colexio de Boborás e no Castro de Cameixa
As obras de cubrición do CEIP Nosa Señora de Xuvencos comezarán antes de que remate novembro e terán un investimento de preto de 135.000€
A Xunta investirá preto de 3M€ na ampliación e mellora do Instituto Xesús Ferro Couselo, en Ourense
Estase a construír unha nova pista cuberta de case 800 m² por 500.000€ e xa está en supervisión a redacción do proxecto de ampliación do centro por 2,6M€