Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
‘A ollada de Gustav’ pon en valor a identidade e a tradición galegas nunha ducia de concellos dentro do programa da Xunta ‘Territorio Cultura’
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu en Mesía á inauguración dunha exposición arredor das fotografías e gravacións realizadas en Galicia durante os anos 60 polo antropólogo e folclorista danés Gustav Henningsen
A Xunta porá a disposición dos investigadores máis de 7.500 documentos históricos xa restaurados procedentes do lazareto da illa de San Simón
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comproban os resultados da primeira fase dos traballos que está a acometer o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
A Xunta autoriza a remodelación da rúa e da praza do Carme, coa condición de recuperar elementos verdes da praza no entorno inmediato da igrexa
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural remite ao Concello de Lugo a resolución, que recolle as suxestións do Consello Asesor do Camiño de Santiago
Valentín García destaca a contribución de Fernández del Riego á lingua e literatura galegas
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do libro Con Pondal en Bergantiños, do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023
A Biblioteca de Galicia mostra cen anos de historia da literatura infantil e xuvenil en galego con primeiras edicións das obras máis destacadas
¡Baixo o título ‘Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil’, a exposición achega cen publicacións que reflicten a evolución das obras infantís e xuvenís en galego
Román Rodríguez reivindica en Madrid o valor xornalístico e literario de Julio Camba
Destaca que, ademais dun “mestre do humor”, foi quen de “ler como moi poucos autores as contrariedades do seu tempo e elevalas á categoría de alta literatura”
A Xunta completa o proceso de estabilización docente coa convocatoria de 125 prazas do concurso-oposición e que eleva a 4.000 os postos educativos en dous anos
A Consellería de Educación remite á Mesa Sectorial Docente a proposta de distribución das prazas en 54 especialidades de Ensino secundario, mestres e especialistas en sectores singulares de FP, escolas oficiais de idiomas, Música e Artes escénicas e Artes plásticas e deseño
Román Rodríguez sitúa a rehabilitación integral do colexio Flavia de Padrón como exemplo da pegada do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica no rural
A Xunta investiu máis de 850.000 euros para reparar a cuberta e mudar a fachada así como reforzar a súa accesibilidade e eficiencia enerxética
Chega a Pontevedra a mostra ‘Compromiso na distancia’ coa que a Xunta homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán
A exposición sobre o autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas pode visitarse ata o 2 de decembro na Biblioteca Pública Antonio Odriozola
A Xunta acometeu obras para corrixir humidades na igrexa de San Xoán de Tirimol, en Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego vén de investir 15.000 euros nunha actuación de acondicionamento co fin de garantir a preservación do edificio e dos retablos que alberga no interior