Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

10/11/21 | 18:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Os centros CEIP San Martiño de Pontevedra, e o Colexio Escolapios de Monforte de Lemos, gañadores do Concurso Ciberseguridade no cole!, que se celebrou hoxe na Cidade da Cultura

O centro CEIP San Martiño, de Pontevedra, acadou o primeiro posto na categoría de primaria e o Colexio Escolapios de Monforte de Lemos, en secundaria

09/11/21 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta aposta pola ciberseguridade para afrontar os retos asociados á transformación dixital

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe durante a clausura do “I Seminario de Intelixencia Empresarial e Ciberseguridade”, organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia, a necesidade da colaboración entre as administracións, empresas e a cidadanía para loitar contra a ciberdelincuencia

08/11/21 | 12:12 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
05/11/21 | 17:05 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A directora da Amtega afirma que Galicia dispón dun marco estratéxico para impulsar unha dixitalización sustentable e inclusiva

Sinalou que a Estratexia Galicia Dixital 2030 é o instrumento para impulsar a transformación dixital, favorecendo a acción conxunta das administracións e a participación activa do sector privado

05/11/21 | 13:55 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta destinará en 2022 máis de 209 millóns de euros á transformación dixital, cun incremento dun 80% con respecto aos anos previos á pandemia

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, compareceu hoxe ante a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos e destacou que as contas para 2022 permiten avanzar na transformación dixital de Galicia nun momento clave para a recuperación económica

04/11/21 | 10:13 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Edificio Fontán acollerá o día 10 de novembro o concurso ”Capture The Flag”, no marco do Encontro Galego de Ciberseguridade Ciber.gal

Está dirixido a calquera persoa maior de idade disposta a poñer a proba os seus coñecementos e habilidades para resolver retos no ámbito da seguridade

31/10/21 | 11:46 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O uso de software libre nas empresas tecnolóxicas galegas segue a medrar, e xa son 9 de cada 10 as que optan por este tipo de produtos

O 90,6% das empresas TIC galegas emprega software libre, que aumentou a súa presenza un 3,9% nos últimos catro anos

27/10/21 | 14:04 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Xa está aberto o prazo de inscrición para o encontro galego de Ciberseguridade Ciber.gal, que se celebrará os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura

Abordará a concienciación en ciberseguridade a todos os niveis con actividades destinadas ao tecido empresarial, á cidadanía e ás Administracións Públicas

26/10/21 | 13:38 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O CPETIG e a Xunta visibilzan o papel das mulleres tecnológas no documental ‘”Marxe de erro”

Presentouse hoxe no Centro GaiasTech no marco do Programa DigiTalent para poñer en valor a necesidade da presenza feminina nas carreiras tecnolóxicas e impulsar as vocacións femininas neste eido

23/10/21 | 13:33 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta publica a licitación do acordo marco para mobilizar 30 millóns de euros en solucións baseadas en tecnoloxías avanzadas

A plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou o venres a licitación do acordo marco para contratos do sector público galego de servizos que requiran da aplicación de tecnoloxías disruptivas