Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

23/12/21 | 15:24 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en marcha o Plan de Reforma e Ampliación da Rede Aulas CeMIT cun investimento de 22,7 M€ ata 2025

Feijóo salienta que se abordará a transformación física e arquitectónica dos centros para que sexan máis flexibles e adaptados á nova realidade, a instalación de novo equipamento tecnolóxico punteiro e un novo servizo de aula móbil para chegar ao rural

15/12/21 | 13:28 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta consulta ás universidades para deseñar o novo marco ético e normativo na adopción da intelixencia artificial

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, participa na sesión sobre “Unha estratexia en IA para a empresa Galega” do Foro Económico de Galicia

14/12/21 | 13:11 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Dous pilotos 5G desenvoltos en Galicia demostran a capacidade desta tecnoloxía para mellorar o rendemento das explotacións agrarias e optimizar a conectividade no rural

Hoxe o presentáronse en Castro de Rei dous novos casos de uso 5G, un de sensorización para explotacións agrarias e outro de conectividade no fogar

14/12/21 | 12:24 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A aplicación AsisT.gal da Xunta recibe o Premio Senda Iniciativa Pública

A XII edición destes galardóns recoñece a app que permite a familiares e coidadores monitorar desde os seus dispositivos parámetros de actividade, biomedidas ou a localización da persoa e establecerlle recordatorios de medicación ou citas médicas na axenda

27/11/21 | 12:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Plan de Talento Dixital da Xunta amplía ata preto de 30 as actividades para o fomento das vocacións tecnolóxicas e a especialización dos profesionais TIC

O catálogo de actividades para o curso 20221/2022 pechouse esta semana nunha xuntanza, presidida pola directora da Amtega, e na que participaron as empresas do Pacto Dixital que colaboran na iniciativa

18/11/21 | 15:16 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A directora da Amtega destaca a necesidade de sumar talento feminino á transformación dixital

Mar Pereira participou hoxe nunha mesa redonda sobre “sectores masculinizados” no marco do III Congreso de Mulleres no Sector Público

17/11/21 | 16:38 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia recibirá só o 0,5% dos 4.000 millóns do Plan Recuperación e Resiliencia do Estado para a conectividade

O Estado transfire á Comunidade 19,1 millóns de euros para realizar catro actuacións predefinidas que non teñen en conta as particularidades do territorio

15/11/21 | 17:10 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O uso de internet crece nun ano un 21% entre as persoas de Galicia de 65 a 74 anos

O 100% dos galegos de 16 a 34 anos empregan internet, por riba da media estatal

15/11/21 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta crea a Rede Galega de Educación Dixital, con 78 docentes que asesorarán aos colexios e institutos para a súa transformación tecnolóxica

O obxectivo é prestar apoio e mentorización ao conxunto de colexios e institutos para que teñan plenamente operativo o seu Plan Dixital de Centro, a primeira acción da Estratexia Educación Dixital 2030, cun investimento de 120M€

11/11/21 | 15:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta investirá 12 millóns de euros nos vindeiros tres anos na loita contra a ciberdelincuencia nas administracións, empresas e cidadanía

A directora da Amtega clausurou hoxe o encontro galego Ciber.gal que abordou os retos da ciberseguridade para o tecido empresarial, a cidadanía e o sector público