Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

19/02/22 | 12:15 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e as tres universidades elaborarán un marco ético sobre o uso da intelixencia artificial para garantir os dereitos fundamentais da cidadanía

A Estratexia Galega de Intelixencia Artificial estableceu o obxectivo de desenvolver esta tecnoloxía dun xeito ético e fiable, con respecto aos nosos valores e normas e ao servizo da cidadanía

15/02/22 | 12:26 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta difunde en Galicia o programa Kit-Dixital de Red.es, que se suma ás accións autonómicas, que destinaron en 2021 máis de 23 millóns de euros a apoiar á dixitalización das pemes

A Xunta colabora con Red.es na divulgación do programa para que empresas do sector tecnolóxico galego se sumen como dixitalizadores e as pemes galegas poidan beneficiarse da iniciativa

12/02/22 | 13:37 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Alameda de Santiago acolleu a proba final do Dragal Challenge, primeira experiencia da plataforma de contidos interactivos impulsada pola Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a CRTVG impulsan conxuntamente o sector dos contidos audiovisuais no marco do Plan DicoMindset, cun investimento de máis de 13 millóns de euros

22/01/22 | 12:51 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Gaiastech Cloud pon á disposición das empresas unha solución de ciberseguridade que axuda na avaliación da vulnerabilidade de sistemas informáticos

Está dispoñible de xeito gratuíto na web do GaiasTech, e aloxada la nube para facilitar o proceso de proba e aprendizaxe

17/01/22 | 11:21 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia avanza na dixitalización das súas lonxas cun investimento de arredor de 6 millóns de euros desde 2018

Un total de 35 centros de primeira venda da comunidade contan xa co Programa Primare, impulsado pola Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e que integra os sistemas de xestión, comercialización e emisión de notas de venda dos produtos do mar

15/01/22 | 08:07 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O uso de internet entre as mulleres galegas supera por primeira vez ao dos homes, eliminando a fenda de xénero dixital

Galicia rexistrou en 2020 un 87,8% de usuarias de internet e un 87,5% de usuarios

11/01/22 | 14:14 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A aposta de Galicia polo 5G permite visitar a Praza do Obradoiro en tempo real desde calquera lugar do mundo

É un dos preto de 30 pilotos de servizos avanzados baseados nesta tecnoloxía que se están a realizar na Comunidade

06/01/22 | 11:08 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O novo Centro de Datos da Xunta será o único das administracións españolas en cumprir coas máximas esixencias mundiais de seguridade, reflectidas na certificación Tier 4

En España hai soamente 5 centros de datos con certificación TIER 4 en deseño e construción e outros 4 que teñen só a de deseño

01/01/22 | 12:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O 85% dos galegos optaron pola xestión online coa Xunta no 2021

En dous ano creceu case un 60% a porcentaxe da cidadanía que prefire a tramitación telemática coa Administración autonómica

25/12/21 | 12:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O universo Dragal de Elena Gallego Abad protagoniza a primeira experiencia da plataforma de contidos interactivos impulsada pola Xunta

A Plataforma PetisGo! foi creada por unha UTE de empresas galegas de tecnoloxía e terá aplicacións educativas e en ámbitos como o turismo ou a cultura