Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

17/03/22 | 18:31 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia coordina as celebracións do Día de Internet en España, adicado á inclusión e capacitación dixital das persoas maiores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia interveu hoxe na lectura dun manifesto en representación da Asociación Somos digital, da que forma parte.

12/03/22 | 10:50 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá os días 9 e 10 de novembro a II edición do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal

Organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, volta o Encontro CIBER.gal, que na súa primeira edición acadou máis de 1.500 inscricións e a participación de preto de 40 entidades públicas e privadas.

11/03/22 | 10:05 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A sexta edición do programa ¨Tecnólog@ por un día¨ ofrece máis de máis de 50 prazas para o alumnado de 12 a 17 anos

Ata o vindeiro 1 de abril o persoal docente dos centros educativos pode inscribir ao alumnado interesado en participar nesta iniciativa impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

10/03/22 | 09:20 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e o aliado dixital Fegaus achegan a tecnoloxía e a banca online ás persoas maiores cun novo programa formativo

Ofrecen máis de 50 seminarios a través da Rede CeMIT, que poden seguirse de forma online ou presencial

09/03/22 | 13:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Mar Pereira destaca a oportunidade que representa a creación do Centro de Excelencia en Ciberseguridade para fomentar o talento feminino neste ámbito

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inaugurou, xunto con reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, unha xornada de debate sobre mulleres e ciberseguridade

07/03/22 | 15:46 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia está entre as tres comunidades españolas con maior porcentaxe de empresas con persoal de formación tecnolóxica que contratan mulleres

Un 43,06% das empresas galegas que empregan especialistas en tecnoloxía contratan a mulleres con esta formación

05/03/22 | 12:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta abre unha consulta preliminar ao mercado para incorporar solucións innovadoras á transformación dixital do patrimonio do Camiño

É unha das medidas do Proxecto Stellae 5.0, impulsado pola Xunta e a Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo para a dixitalización do legado cultural e patrimonial da Ruta Xacobea

01/03/22 | 14:42 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A aposta de Galicia polo 5G sitúa a comunidade á vangarda desta tecnoloxía, unha das protagonistas da Mobile World Congress 2022

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica visitou hoxe os stands dos operadores Vodafone e Orange na MWC Barcelona 2022, nos que destacan as aplicacións do 5G en diferentes ámbitos

26/02/22 | 09:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia adhírese ao acordo con Castilla y León, Andalucía, Valencia, Navarra e Estremadura para compartir e desenvolver contidos de capacitación dixital

O seis gobernos autonómicos compartirán coñecementos e recursos formativos e tecnolóxicos de xeito que se poidan implementar nos seus territorios

20/02/22 | 11:48 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Centro Gaiastech activa o Xemelgo Dixital, que permite visitas virtuais e a interacción co centro na rede

O xemelgo dixital posibilita a visualización do equipamento dispoñible no centro, as últimas actividades realizadas, consultar as futuras ou reservar algún dos sete espazos de traballo