Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

12/02/20 | 14:39 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Os 100 docentes que participan na iniciativa da Xunta e Fundación Vodafone, ‘DigiCraft non teu cole’, fórmanse hoxe en IA e robótica

Trátase do segundo itinerario formativo da iniciativa, que ofrece a capacitación necesaria para impartir 14 actividades sobre estas áreas

11/02/20 | 16:48 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega celebra o Día da Internet Segura con preto dun centenar de actividades na Rede Cemit durante o mes de febreiro

O obxectivo é promover o uso seguro e positivo da tecnoloxía e dar a coñecer as vantaxes e beneficios que brinda o mundo dixital

08/02/20 | 11:03 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O 14 de febreiro remata o prazo para que os concellos soliciten a súa adhesión á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

As entidades locais deben presentar a documentación solicitada, que incluirá a cesión dun terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación

06/02/20 | 14:29 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; Secretaría Xeral de Emigración

O Celga universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 en liña

O 16 de marzo arrancan os primeiros cursos en liña do Celga 2 que, canda os outros tres niveis de aprendizaxe xa existentes, lle garanten o acceso global á aprendizaxe oficial do galego a calquera cidadán desde calquera parte do mundo

03/02/20 | 10:50 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega abre mañá o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Ofértanse 180 prazas neste curso de teleformación que comezará en marzo e rematará a finais de maio, mes no que terá lugar o exame presencial

26/01/20 | 12:21 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A mocidade galega compra en Internet o dobre que os maiores de 35 anos

Case tres de cada galegos de 16 a 34 anos mercan bens ou servizos na Rede

24/01/20 | 11:01 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O CDTIC da Amtega acolle en febreiro unha nova edición do programa #MesD centrado na mellora de competencias dixitais

Ao longo do vindeiro mes, terán lugar no Centro Demostrador TIC á catro sesións formativas dedicadas a diferentes competencias para a transformación dixital enmarcadas dentro do programa Crear Futuro de Red.es.

19/01/20 | 11:33 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

As vendas por Internet das empresas galegas en 2019 superan a media estatal

Preto do 23% das empresas de 10 ou máis traballadores da Comunidade venderon na rede fronte ao 20,4% do mesmo tramo empresarial do conxunto do Estado

13/01/20 | 13:56 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta porá en marcha o expediente dixital do empregado público

Será un instrumento esencial para axilizar e simplificar os procesos de selección de persoal, concursos de traslado ou a xestión da carreira profesional

12/01/20 | 09:39 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta incopora novos contidos innovadores DIXIT á iniciativa Abalar

Regletas dixitais, figuras 3D e experimentos para matemáticas, bioloxía e xeoloxía facilitan a aprendizaxe interactiva