Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Centro Demostrador TIC da Amtega ten previstas seis sesións formativas en streaming para pemes e autónomos ata finais de abril
Desde a entrada en vigor do estado de alarma celebráronse cinco xornadas online, que rexistraron récords de participación
A Xunta pon en marcha un proxecto tecnolóxico para chegar a difundir en tempo real os datos de cortas de madeira en Galicia
Mediante este sistema de gráficas dinámicas situado na Oficina Virtual de Medio Rural iranse amosando en tempo real os valores máis representativos das producións forestais que estean almacenados en rexistros administrativos
A Xunta reparte a práctica totalidade dos ordenadores e conexións a Internet para familias con menos recursos
Xa están entregados nos centros o 99% dos equipos e o 1% restante será recepcionado á volta das vacacións de Semana Santa de acordo coas direccións dos centros
A Xunta amplía a validez do Chave 365 e habilita o restablecemento de contrasinais para este servizo a través de videoconferencia
Estas medias estarán vixentes mentres dure o estado de alarma para facilitar a xestión online coa administración
Preto de 11.000 empregados públicos da administración autonómica teñen acceso ao teletraballo
A activación de 10.000 conexións para o traballo a distancia nos últimos quince días, xunto coas ferramentas para a tramitación electrónica garanten a continuidade da administración online
A Xunta publica dúas guías para facilitar o teletraballo a pemes e autónomos e cidadáns
Están xa accesibles nas webs do CDTIC e Faite Dixital con información e recomendacións para traballar desde a casa
A Xunta licita novos contidos para os tres vindeiros cursos en E-Dixgal
Cun orzamento previsto de 2 millóns de euros o contrato, publicado hoxe, proporcionará dúas alternativas de contidos curriculares completos de 5ª de Primaria a 2º da ESO
A Xunta abre a convocatoria da liña de axudas para que entidades públicas e privadas sen fins de lucro dixitalicen fondos patrimoniais
O prazo de solicitudes estará aberto desde mañá e ata o 10 de abril, segundo se publica hoxe no DOG
O plan Digitalent da Xunta trae ao Gaiás hoxe e mañá o IV Hackathon Big Data & Analytics, organizado por DXC Technology
O reto do encontro é crear ferramentas de apoio para que diferentes perfís de usuarios, profesionais do mar ou afeccionados á pesca e aos deportes acuáticos poidan levar a cabo as súas actividades ao aire libre nas condicións máis favorables
O Gaiás acolle hoxe a xornada de presentación da nova liña de axudas á dixitalización de fondos documentais
A Xunta subvenciona con 750.000 euros a dixitalización de documentos en soporte papel de concellos, asociacións, fundacións, museos e entidades sen fins de lucro