Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

19/06/22 | 12:57 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta recibe aportacións da cidadanía para a aplicación que permitirá o acceso aos servizos da administración desde dispositivos móbiles

A “Xunta no móbil” é un dos obxectivos da estratexia Galicia Dixital 2030 e do Plan de Administración e Goberno Dixital 2025 para facilitar e estender o uso dos servizos dixitais

17/06/22 | 15:08 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia inviste máis de 50 millóns de euros en acordos marco para avanzar na automatización de procesos e na incorporación de tecnoloxías avanzadas na administración a través de servizos na nube

Estes investimentos veranse reforzados co novo Plan de Administración e Goberno dixital 2025, que aprobará proximamente o Goberno galego

09/06/22 | 14:08 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aposta polo impulso da intelixencia artificial para axilizar os procesos e mellorar a calidade na prestación dos servizos públicos

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta mañá o curso monográfico A intelixencia artificial na Administración

05/06/22 | 11:48 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Hipersector TIC supera os 25.900 traballadores e rexistra o maior incremento desde 2016

O número de empresas do Hipersector acada as 3.919 cun crecemento do 2,3% no último ano.

30/05/22 | 15:59 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Mar Pereira sinala que a tecnoloxía debe estar presente na estratexia empresarial para poder competir no mercado dixital

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou hoxe no I Foro APD de Tecnoloxía e Negocio

28/05/22 | 12:44 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega presentou o Plan de reforma da Rede Cemit no III encontro de dinamizadores de centros de competencias dixitais de toda España

O acto organizado pola Asociación Somos Dixital no marco do Foro Derechos Digitales celebrouse esta semana no Centre Esplai, El Prat de Llobregat de Barcelona desde o 25 ao 27 de maio

25/05/22 | 18:04 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta ampliará o uso da Chave365 a persoas non residentes en España e incorporará a identificación por videoconferencia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia publicou hoxe o proxecto de orde que permitirá estas modificacións, e que está aberto a suxestións ata o 16 de xuño

24/05/22 | 10:59 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta participa en Estonia nun encontro para coñecer o proceso de dixitalización deste país, á cabeza de Europa neste ámbito

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Mar Pereira, forma parte da delegacion de responsables de dixitalización de diferentes comunidades autónomas

22/05/22 | 14:36 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O investimento en tecnoloxía das empresas galegas crece máis dun 19 % nun ano

En 2021 o tecido empresarial galego destinou 545 millóns de euros á tecnoloxía, 88 millóns de euros máis que no ano anterior

20/05/22 | 14:33 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O reto #CaminaenDigital fai que 700 persoas maiores de toda España percorran 65.000 km. empregando ferramentas dixitais

A participación no Reto, organizado desde a Rede CeMIT de Galicia como membros da asociación Somos Digital, impulsou a moitas das 704 participantes a facer o que nunca fixeran: empregar dispositivos dixitais para medir os seus pasos e facer e enviar fotografías e vídeos