Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

12/06/20 | 14:23 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e o Concello de Santiago pechan a consulta pública a operadores con tres propostas de despregamento de fibra no casco histórico

O proceso, lanzado a finais de ano, rematou coas propostas de despregamento de tres operadores, dos que un vén de solicitar a licenza municipal para iniciar os traballos neste mesmo ano

07/06/20 | 10:31 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta aplica a tecnoloxía blockchain á trazabilidade da marca de calidade 'pescadeRías, de onde se non?'

O emprego desta tecnoloxía ofrece garantías adicionais respecto de todas as operacións que se producen na cadea de valor do produto certificado

03/06/20 | 14:45 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
01/06/20 | 13:29 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Reábrese o prazo para solicitar as bolsas do programa DigiTalent, que promove a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC

Os interesados poden presentar as súas de candidaturas desde hoxe e ata o 23 de xuño, a través da sede electrónica da Xunta, previa inscrición no portal de bolsas Feuga

31/05/20 | 10:16 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Os centros educativos públicos galegos sitúanse á cabeza do Estado no acceso a servizos dixitais

O 96% dos centros públicos galegos dispoñen de aulas virtuais, grazas aos proxectos EDIXGAL e Webs dinámicas, fronte o 41,3% da media estatal

28/05/20 | 13:46 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta facilita ás Universidades o uso das aulas da Rede CeMIT para a realización de exames

A Amtega xunto coa FEGAMP e as tres Universidades galegas asinan un acordo para que o alumnado universitario con dificultades para examinarse online desde os seus fogares poida facelo nos centros da Rede

28/05/20 | 13:17 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega abre mañá o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Ofértanse 180 prazas neste curso de teleformación que comezará en setembro e rematará a finais de novembro, mes no que terá lugar o exame presencial

21/05/20 | 11:11 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
17/05/20 | 12:37 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Rede Cemit celebra o Día Mundial de Internet cun video no que usuarios, voluntarios e axentes TIC destacan as vantaxes de vivir conectados

Forma parte da iniciativa lanzada desde a Rede e o Programa de Voluntariado Dixital baixo o lema “Conectad@s estámolo conseguindo”

17/05/20 | 00:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia