Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

20/10/20 | 15:19 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

As microempresas galegas superan a media estatal na contratación de internet

A contratación deste servizo entre as empresas de menos de 10 empregados en Galicia roza o 80% e sitúase no oitavo posto entre as Comunidades autónomas

19/10/20 | 15:05 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O CPEIG e a Amtega poñen en marcha encontros dixitais con profesionais TIC para rapaces e rapazas de 6 a 18 anos

As xornadas comezan mañá martes e celebraranse un total de 30, nas que poderán participar ata doce rapaces por grupo

17/10/20 | 13:09 | C. de Sanidade; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta lanza a aplicación PassCOVID, que ofrece información actualizada, avisos e alertas sobre a situación da crise sanitaria

De descarga voluntaria, permite coñecer as medidas e restricións que activen as autoridades sanitarias por concello

14/10/20 | 15:34 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A directora da Amtega destaca a importancia de acadar acordos para que os fondos europeos destinados á dixitalización financien proxectos realmente transformadores

Mar Pereira inaugurou hoxe o Foro Galicia TIC 2020 facendo foco no retos que temos por diante para afrontar a transformación dixital na realidade postcovid

14/10/20 | 11:23 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega convoca máis de 300 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa

04/10/20 | 11:36 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Un total de 19 estudantes de carreiras non tecnolóxicas acceden ás bolsas DigiTalent da Amtega para realizar prácticas en empresas TIC

É unha das iniciativas Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, para dar resposta á demanda de novos perfís dixitais

01/10/20 | 17:23 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia culminou con éxito esta mañá o proceso de liberación do segundo dividendo dixital

Supuxo a migración das canles de TDT a novas frecuencias para deixar libre a banda que ocuparán as novas redes de telecomunicacións 5G

20/09/20 | 10:55 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Máis do 88% dos fogares galegos teñen Internet contratado, unha porcentaxe que ascende ao 99% se conviven nenos en idade escolar

No último ano os fogares que dispoñen de velocidades de máis de 100 Mbps incrementáronse en máis dun 81%

29/08/20 | 13:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia consegue un novo piloto 5G por importe de 9 millóns de euros na segunda convocatoria estatal de axudas para probar esta tecnoloxía

É o segundo proxecto de maior importe dos oito concedidos nas diferentes comunidades autónomas e permitirá desenvolver 14 casos de uso en Galicia

15/08/20 | 11:48 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

As empresas de telecomunicacións aglutinan preto do 39% das mulleres do hipersector TIC

A porcentaxe de mulleres no conxunto do Hipersector TIC galego mantense en cifras similares á do ano pasado cun 33,4% de traballadoras