Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

14/01/21 | 12:16 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Ábrese o prazo para que os centros educativos se adhiran ao programa de reforzo das competencias dixitais 'DigiCraft no teu cole-II'

Ata 200 novos centros poderán beneficiarse desta iniciativa, dirixida a alumnos de 6 a 12 anos, que emprega unha metodoloxía de aprendizaxe baseada no xogo e a experimentación

01/01/21 | 08:52 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia elimina practicamente a fenda dixital de xénero que se sitúa nun 0,6%

En tres anos as diferencias no uso de internet entre galegos e galegas reducíronse un 80% e sitúanse na media da Unión Europea

27/12/20 | 12:41 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta lanza unha nova versión de Passcovid máis intuitiva e con novas funcionalidades

Incorpora a autodeclaración de contactos para as persoas que estiveran en contacto cun positivo

25/12/20 | 12:22 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Máis do 93% dos concellos galegos conta con sede electrónica

Un 91,4% dos concellos con sede electrónica conta co servizo de notificacións electrónicas fronte ao 47,1% que se rexistraba no ano 2017

21/12/20 | 12:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Orange aborda coa Amtega os 13 casos de uso con tecnoloxía 5G que está a desenvolver en Galicia

O operador foi adxudicatario da segunda convocatoria estatal de axudas de Red.es para probar esta tecnoloxía e farao coa colaboración de dúas pemes galegas, Opatere e Info, e a empresa Gamera Nest

04/12/20 | 14:38 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega incrementa o seu orzamento no 2021 en máis dun 48% para avanzar na transición dixital de Galicia

O investimento crece un 75% respecto a 2020 para favorecer a vida no rural, contribuír a impulsar o emprego e a atraer talento dixital na Comunidade

03/12/20 | 15:41 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizará 4.000 M€ para aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental

Feijóo asevera que queremos planificar a vindeira década desde o punto de vista da intelixencia artificial, da ciberseguridade, da xestión masiva de datos ou a consolidación do 5G

03/12/20 | 15:01 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O programa Girl Stem entrevista a Amparo Alonso Betanzos, investigadora en proxectos de computación e intelixencia artifical

A quinta conversa desta edición pon o foco na fenda de xénero que se producen no ámbito da intelixencia artificial e dos riscos que corremos como sociedade se non recibimos formación en TIC’s

29/11/20 | 12:02 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e o sector tecnolóxico investiron máis de 1.260 M€ desde 2015 para avanzar na dixitalización da Comunidade

A directora da Amtega fixo balance dos cinco anos da Axenda Dixital 2020 no pleno do Observatorio da Sociedade da información

26/11/20 | 14:29 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O programa Girl Stem entrevista a Rocío Martínez Núñez, unha das investigadoras do King´S College que impulsou traer a España os superrobots que fan test masivos para a covid-19

A cuarta conversa desta edición xira arredor das claves que se manexan no campo da biomedicina, nun momento no que o traballo dos laboratorios resulta crucial na investigación sobre a COVID-19