Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

14/02/21 | 13:01 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta contará cunha rede de telecomunicacións sen precedentes que permitirá dar resposta a todas as esixencias dunha administración integramente dixital

Todos os centros contarán con conexión por fibra óptica con velocidades simétricas de 1 Gbs, independentemente da súa localización rural ou urbana

10/02/21 | 12:01 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega e Fegaus ofertarán na rede CeMIT unha gran variedade de seminarios en liña dirixidos a persoas maiores sobre o uso das novas tecnoloxías

Os ciclos de seminarios en liña están previstos durante os meses de febreiro a maio en horario de mañá, aínda que se irán ampliando con novas programacións ao longo de todo o ano

09/02/21 | 15:32 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta lanza unha convocatoria de axudas para mellorar a cobertura móbil en zonas illadas do rural galego

Publicada unha convocatoria de axudas a operadores por importe de 4 millóns de euros para o período 2021-2023

04/02/21 | 15:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta reforza a dotación para docentes con 55.000 equipos fixos e portátiles

Avanzou a posta en marcha doutras actuacións de mellora como: o equipamento interactivo aos cursos de entre 1º e 4º de Primaria, a extensión da wifi ao 100% dos espazos docentes ou a consolidación das plataformas dixitais educativas

01/02/21 | 17:37 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Plan de talento dixital de Galicia pon en marcha dez iniciativas para promover as vocacións tecnolóxicas e novos perfís dixitais

Máis dunha trintena de estudantes de ESO e Bacharelato participarán en talleres de robótica colaborativa, deseño e impresión 3D

31/01/21 | 12:01 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O sector TIC galego creou 114 novas empresas en 2019 e rexistrou un volume de negocio de máis de 2.800 millóns de euros

Así se recolle no Estudo “A Sociedade da Información nas empresas TIC”, que reflicte que o sector conta en Galicia con 18.984 empregados

26/01/21 | 13:33 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Os 13 bolseiros DigiTalent comezan en febreiro as prácticas en empresas TIC

Son estudantes matriculados nos últimos cursos de graos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas ou Enxeñaría e Arquitectura que realizarán prácticas formativas durante tres meses

21/01/21 | 15:57 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

Galicia estenderá a educación dixital a 100.000 alumnos e alumnas

Feijóo destaca que chegará ao 70% dos alumnos de 5º de primaria a 4º da ESO

18/01/21 | 14:51 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
14/01/21 | 16:56 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Mar Pereira destaca o esforzo de Galicia por posicionarse como territorio preferente na extensión do 5G

Foi das primeiras comunidades contar cun plan para favorecer a extensión desta tecnoloxía