Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

24/04/21 | 10:32 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O número de vistas gravadas nos xulgados de Galicia en marzo foi o máximo rexistrado nun mes dende que se implantou o sistema

Todas as salas das sedes xudiciais de Galicia dispoñen de equipamento eFidelius para a gravación das vistas

18/04/21 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta disporá de un sistema de Big Data para coñecer o perfil dos turistas e xestionar a información de reservas e ocupación

O prazo para a presentación de propostas ao concurso para a construción e posta en marcha dun sistema intelixente de análise avanzada para o turismo finaliza o 20 de maio

18/04/21 | 12:08 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega lanza a edición Júnior do programa tecnólogo por un día para nenos e nenas de 12 a 14 anos

O prazo de inscricións permanecerá aberto dende mañá ata o vindeiro 28 de abril

14/04/21 | 12:38 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta comeza a recibir esta semana os 14.502 ordenadores do plan Educa Dixital destinados ao alumnado en risco de exclusión tecnolóxica

A medida “Posto educativo no fogar” forma parte do programa “Educa en Dixital Galicia”, que é o resultado dun acordo entre a Xunta, Red.es e o Ministerio de Educación e Formación Profesional

27/03/21 | 13:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta desenvolve unha fronte común para a loita contra a ciberdelincuencia nas administracións, empresas e cidadanía

Abriuse o prazo, ata o 27 de abril, para a presentación de propostas por parte das empresas que soliciten participar na licitación para a prestación dos servizos de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais mediante un Acordo Marco

25/03/21 | 12:49 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega convoca máis de 400 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa

17/03/21 | 15:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta presenta a versión actualizada do Celga 1 en liña que permite por primeira vez a autoformación en lingua galega

“O recurso supón un gran avance para achegar e facerlle accesible a aprendizaxe do galego á cidadanía, independentemente do lugar onde resida ou do momento que poidan dedicarlle”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística

07/03/21 | 12:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega abre o prazo de inscrición do programa Tecnólogo por un día en formato online con máis de 150 prazas para estudantes de 15 a 17 anos

Desde hoxe e ata o vindeiro 22 de marzo o persoal docente dos centros educativos pode inscribir ao seu alumnado para participar no programa

28/02/21 | 09:46 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega inicia este luns o curso de formación preparatorio para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Xunta

As 180 persoas matriculadas nesta convocatoria terán que superar un exame presencial, tras o seguimento do curso preparatorio na modalidade de teleformación titorizada

27/02/21 | 11:29 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O gasto en TIC das empresas galegas superou os 457 M€, un 11,7% máis que no exercicio anterior

Máis da metade das microempresas galegas (54,3%) ten contratada unha velocidade de conexión a Internet de máis 100 Mbps, cun incremento do 93,2% no último ano