Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

11/06/21 | 14:33 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta desenvolverá a intelixencia artificial nun marco ético e fiable co obxectivo de fortalecer o tecido empresarial e os servizos públicos

Salienta que, cun investimento total de 330 millóns durante a próxima década, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030 permitirá crear preto de 1.000 postos de traballo ao ano, nese período, e incrementar nun 50% os profesionais docentes con formación nesta materia

10/06/21 | 15:16 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 mobilizará máis de 330 M€ e xerará un impacto na creación de riqueza duns 472 M€

Feijóo salienta que a Xunta asume un rol tractor para o aumento dos investimentos neste eido e para preparar á cidadanía para os cambios socioeconómicos nun marco ético e legal adecuado

06/06/21 | 11:31 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega e o clúster TIC Galicia colaborarán no deseño e recompilación de datos para o mapa de capacidades tecnolóxicas de Galicia e na definición conceptual dun portal de emprego TIC de Galicia

O Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia integrado no GaiasTech catalogará a oferta das capacidades dixitáis das empresas galegas

05/06/21 | 11:23 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Tecnoloxías como a robótica e a OCR permitiron á Xunta tramitar e pagar en 2 meses máis do 90% do segundo plan de rescate a sectores afectados pola covid19

A automatización intelixente desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten como obxectivo resolver os trámites no menor tempo posible sen que isto afecte ao rigor administrativo e xurídico dos procedementos

29/05/21 | 12:15 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta instala a plataforma dixital de información en cinco novas oficinas de turismo de Santiago, A Coruña e Vigo

Os equipos, que poderán recoller datos sobre o grao de interese dos visitantes, informan e poñen en valor campañas, produtos, servizos, recursos e eventos turísticos

20/05/21 | 15:12 | C. de Sanidade; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Os puntos de vacinación de Galicia tramitarán a Chave 365 para que as persoas que o desexen poidan acceder ao seu certificado desde o seu teléfono móbil

Feijóo destaca que tanto o certificado de vacinación galego como o europeo van facilitar a mobilidade, garantir a protección da saúde pública e contribuír á recuperación da actividade económica

08/05/21 | 12:31 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega comparte a súa visión de futuro das competencias dixitais no Encontro Nacional de Responsables de Redes organizado pola asociación “Somos digital”

No encontro online de dous días, organizado pola Asociación Somos Digital, os responsables de Redes de Competencias Dixitais presentaron os seus plans de futuro, así como exemplos de boas prácticas e leccións aprendidas

08/05/21 | 12:23 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Voluntaria Guadalupe Ordóñez Torres, do programa de voluntariado dixital de Galicia, recibe o premio “voluntariado contra a fenda dixital” de Fundación Esplai

A entrega de premios realizouse na celebración online do Foro21 Xuventude Comprometida coas Persoas Maiores por parte de Fundación Esplai

01/05/21 | 12:47 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O número de empresas tecnolóxicas e de contidos creceu en Galicia un 4,5 por cento, fronte ao 0,1 por cento da media española

O Hipersector TIC galego conta con 24.393 persoas empregadas afiliadas á Seguridade Social, un 0,2% máis que o ano anterior.

25/04/21 | 12:12 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Calquera persoa de Galicia pode xa autorizar a outra dende a sede electrónica da Xunta para realizar os seus trámites ante as administracións

O Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos permite tramitar a autorización dun xeito gratuíto