Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

07/08/22 | 16:30 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca na LXX Festa do Viño do Albariño a importancia da enogastronomía no turismo galego

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na recepción de autoridades dentro deste certame de exaltación vitivinícola

06/08/22 | 13:30 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor a excelencia do turismo galego no izamento da bandeira azul e o Q de Calidade turística no Club Náutico de Portosín

O número de establecementos e servizos turísticos galegos co distintivo Q incrementáronse un 40% en dez anos

06/08/22 | 11:41 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta fomenta a seguridade dos peregrinos no Camiño Francés cunha senda peonil no albergue do Pino

Turismo de Galicia destinará preto de 100.000 euros á construción desta infraestrutura que permitirá conectar a Ruta Xacobea con este establecemento

03/08/22 | 13:48 | Axencia de Turismo de Galicia

O delegado territorial da Xunta presenta o 1º concerto 'Xacobeo en Cámara'

Gabriel Alén explicou que o Xacobeo en cámara é unha proposta que xungue modernidade e tradición por medio da realización de concertos en lugares que, de seu, manifestan un enorme interese como destino turístico diferente, único e especial

02/08/22 | 14:36 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor o programa dos concertos do Xacobeo na presentación da 9ª edición do Noia Harp Fest

Trátase do único festival de arpa do noroeste peninsular e terá lugar entre o 3 e o 7 de agosto en distintas localizacións da vila de Noia
 

01/08/22 | 15:27 | Axencia de Turismo de Galicia

Gabriel Alén pon en valor a achega da Xunta de preto de 500.000€ da orde de infraestruturas turísticas a 17 concellos da provincia de Ourense

O delegado territorial lembrou que a Xunta destina nesta edición un millón de euros a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas
 

01/08/22 | 14:37 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca a importancia da oferta complementaria na consolidación da actividade turística

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do certame hípico Equiocio que se desenvolverá en Ferrol entre os días 4 e 7 de agosto
 

29/07/22 | 15:14 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do cartel da 62 edición da romaría vikinga de Catoira

A directora de Turismo de Galicia, Castro felicitou aos organizadores por este festexo que permite trasladar e facer visible nosas tradicións o resto do mundo e que reúne ano tras ano a centos de persoas nas torres de Catoira

29/07/22 | 14:54 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do concerto de James Blunt que terá lugar este luns en María Pita no marco dos Concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación, xunto o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego e a produtora de Sweet Nocturna, Raquel Seijo, do concerto de James Blunt na cidade herculina

28/07/22 | 17:10 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta celebra a chegada da peregrina internacional 100.000 procedente dos Estados Unidos

A directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu esta mañá a Hannah Barr, que chegou a través do Camiño Portugués