A Xunta licitará por 120.000 € a urbanización dun viario no parque empresarial de Espiñeira, en Boiro

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

A Xunta de Galicia urbanizará o viario eixo 2 do parque empresarial de Espiñeira, no concello de Boiro, cun investimento previsto de 120.528,79 euros. Así o acordou o Consello de Administración da empresa pública Xestur na súa última reunión, polo que a obra poderá ser licitada en breve.

 

O viario que se vai urbanizar complementa a fase 2 do parque empresarial e servirá para conectar os dous viarios de dita fase, facilitando os movementos no interior do parque empresarial.