Galicia pechou o mes de outubro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas
O período medio de pago de Galicia foi de 16,19 días, case 14 días por debaixo da media de comunidades autónomas
Galicia pechou o mes de outubro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Extremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.
Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 16,19 días, case 14 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 30,08. Ademais, tamén se situou máis de 13 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.
Período Medio de Pago – Outubro de 2022 (*CCAA réxime foral) | ||||
Estremadura | 11,02 | Castela e León | 26,97 | |
Galicia | 16,19 | Canarias | 28,41 | |
Cantabria | 18,42 | TOTAL CC.AA. | 30,08 | |
Andalucía | 21,13 | Cataluña | 30,50 | |
C. Valenciana | 23,08 | Madrid | 34,19 | |
A Rioxa | 24,04 | Asturias | 40,76 | |
C.F. Navarra* | 24,21 | Murcia | 44,17 | |
Castela A Mancha | 24,85 | Baleares | 44,25 | |
País Vasco* | 25,60 | Aragón | 71,67 |