O programa ‘Nin+Nin-Iguais’ da Xunta para favorecer o encontro da mocidade con mulleres referentes chega ao IES de Valga protagonizado por Josefina Ling

Valga (Pontevedra), 21 de decembro de 2022

  A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Valga nun dos encontros do programa Nin+Nin+Iguais co que a Xunta está a percorrer nunha nova edición os centros educativos de Galicia para poñer en contacto ás e os escolares con mulleres referentes que destacan en sectores tradicionalmente masculinizados. 

Nesta ocasión, preto de 120 alumnas e alumnos de 3º, 4º e 1º de Bachiller mantiveron un encontro con Josefina F. Ling, astrónoma, profesora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
 
López Abella destacou que con esta iniciativa, o Goberno galego busca potenciar a educación en igualdade das persoas novas e de conciencialas de que poden ser o que queiran ser, sen importar o xénero. Puxo en valor, ademais, o III Programa Muller e Ciencia 2022-2025, aprobado este ano pola Xunta, co que, cun orzamento que se multiplica por cinco, ata os 45 millóns de euros, avógase por reter o talento feminino de Galicia e situalo como motor do desenvolvemento tecnolóxico, económico, social e sostible. Tamén referiuse ao VIII Plan estratéxico para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027 que está a por o foco na educación e a prevención da violencia de xénero desde idades temperás.

Imaxes relacionadas