A Xunta agarda chegar o millar de alumnos nas aulas de Ategal o vindeiro ano

Lalín (Pontevedra), 20 de decembro de 2022 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na celebración de Nadal das Aulas Sénior da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal), en Lalín. Durante o evento destacou o seu labor para garantir o envellecemento activo das persoas maiores a través da súa formación continuada.

O Goberno galego incrementou este ano nun 25 % os fondos destinados ás actividades de Ategal ata os 190.000 euros. Deste xeito, respóndese á crecente demanda das persoas maiores por este tipo de iniciativas que buscan un modelo de envellecemento máis participativo. O director xeral lembrou que o obxectivo da Xunta é acadar o vindeiro ano o millar de alumnos en toda Galicia.

 

Imaxes relacionadas