A Xunta asiste á asemblea xeral da Rede Española de Albergues Xuvenís en Madrid

Madrid, 20 de decembro de 2022 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu á asemblea xeral da Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) en Madrid, da que forman parte todas as Comunidades Autónomas. Neste encontro abordáronse diferentes medidas e propostas para seguir promovendo o alberguismo xuvenil como melloras no carné de alberguista, intercambios en albergues internacionais ou o programa vacacións solidarias para familias con poucos recursos. 

 

Cómpre lembrar que un proxecto para facilitar o acceso a persoas con mobilidade reducida presentado polo albergue LUG2 da Xunta resultou gañador das liñas de axuda da REAJ de accesibilidade. Esta distinción deuse a coñecer o pasado mes de novembro no marco da celebración en Sevilla do XV Encontro de directores de albergues REAJ.

Imaxes relacionadas