O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron as instalacións da entidade

A Xunta sinala que Aspadeza é un referente en materia de inclusión para toda a comarca

O Goberno galego financia 30 prazas públicas nos seus centros de día e ocupacional para o que destina un orzamento de 330.000 euros ao ano

Lalín (Pontevedra), 20 de decembro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou hoxe as instalacións de Aspadeza, en Lalín, onde sinalou que esta entidade é unha referencia en materia de inclusión para toda a comarca.

 

O Goberno galego financia 30 prazas públicas nos seus centros de día e ocupacional para o que destina un orzamento de 330.000 euros ao ano. O director xeral destacou que estes centros permiten que as persoas con discapacidade gañen en autonomía tanto a través de coidados como con actividades de formación e ocio que lles axuden a manter un ritmo de vida activo.

 

O director xeral lembrou que o Goberno galego mantén unha estreita relación coas entidades sociais do sector porque teñen demostrado ser as que mellor coñecen as necesidades das persoas con discapacidade. Neste sentido, apuntou que o orzamento da Xunta para o vindeiro ano incrementarase nun 16%, ata os 165 millóns de euros, en materia de discapacidade para seguir creando e mellorando os servizos á súa disposición.

Imaxes relacionadas