O Plan estratéxico de Expocoruña prevé abrir novas liñas de negocio e incrementar as feiras e eventos propios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na reunión do Padroado do Instituto Feiral da Coruña, na que tamén se aprobaron os presupostos para o vindeiro ano


A Xunta, que achegou preto de 500.000 euros ao recinto nos últimos cinco anos, busca a implicación de todos os patróns da Fundación para potenciar este espazo
 

A Coruña, 19 de decembro de 2022

  O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presidiu hoxe a reunión do Padroado do Instituto Feiral da Coruña (Ifeco), no que se aprobou o Plan estratéxico de Expocoruña para o período 2023-2028. Esta folla de ruta prevé, entre outras actuacións, abrir novas liñas de negocio e incrementar o número de feiras e eventos propios, ademais de potenciar a actividade de congresos e convencións.

 

Os eixes deste novo período, no que vén de incorporarse á xerencia Andrés Fernández, serán o crecemento dos ingresos; a fortaleza financeira; a optimización operacional; e a potenciación de produtos.

 

Para continuar a impulsar este recinto feiral, a Xunta de Galicia, que achegou 500.000 euros a Expocoruña nos últimos cinco anos, busca a implicación de todos os patróns. O obxectivo é promover e fomentar a actividade económica na súa área de influencia a través da utilización dos espazos dun centro polivalente actualizado, eficiente e sustentable.

 

Na reunión celebrada hoxe tamén se aprobaron os presupostos para 2023 de Ifeco, unhas contas que prevén ingresos por 1.173.000 euros e gastos por un total de 1.172.000 euros.