A Xunta participa na presentación de libros autobiográficos escritos por persoas usuarias de DomusVi Bóveda

Bóveda (Lugo), 16 de decembro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe na presentación de libros autobiográficos Libros de Vida escritos por usuarias do centro para persoas con discapacidade DomusVi Bóveda.

 

O representante da Xunta destacou que todas as persoas están cheas de historias dignas de contar, e agarda que esta actividade sexa só un exemplo que anime a participar dando a coñecer as súas experiencias vitais.