A Xunta entrega o vindeiro 20 de decembro os III Premios Galicia de Innovación e Deseño para recoñecer o labor de profesionais e empresas

Os galardóns, convocados pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, distinguen a profesionais e empresas referentes na innovación e no deseño ao servizo do desenvolvemento económico e social en Galicia
 

Os gañadores e gañadoras nas seis categorías daranse a coñecer na cerimonia que terá lugar no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela o martes, 20 de decembro, a partir das 19 horas

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2022 A Xunta de Galicia celebrará o vindeiro martes 20 de decembro a cerimonia de entrega dos III Premios Galicia de Innovación e Deseño. Durante o acto, que terá lugar ás 19 horas no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras nas seis categorías deste certame.

Estes premios son unha iniciativa da Axencia Galega de Innovación, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, para distinguir a contribución de profesionais e empresas ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través das mellores prácticas en innovación e deseño.

Tres das categorías dos premios distinguirán a profesionais e empresas de Galicia que contemplan a innovación como un elemento clave para o desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial. As grandes empresas finalistas son Compañía Española de Algas Marinas (Ceamsa), Puentes y Calzadas e Unvi Carroceros. As pemes preseleccionadas son Alén Space, Centum Research & Technology e Little Electric Car España. A maiores, será entregado o premio da categoría de traxectoria innovadora á persoa que, a criterio do xurado, fixo unha maior contribución nos últimos anos ao avance da innovación en Galicia de entre os candidatos e candidatas.

As outras tres categorías buscan recoñecer a profesionais e equipos que contribúen significativamente á mellora do prestixio do deseño galego e ás empresas que, ao incorporalo na súa estratexia de negocio, demostran que o deseño actúa como motor de innovación. Os profesionais finalistas son o deseñador Isaac Piñeiro e os equipos creativos do Estudio MMASA e de Costa Comunicación Visual. As empresas preseleccionadas como casos de éxito de incorporación do desen~o a´ su´a estratexia empresarial son Hifas da Terra, Unvi Carroceros e Vertifil Industrial. Como representantes do talento emerxente no deseño, son finalistas Raquel Fernández Caamaño, Roberto Costas Fernández e Sara Regal Alonso.

Os recon~ecementos para a traxectoria innovadora na categori´a de grande empresa e o premio para empresas no apartado de desen~o tera´n cara´cter honori´fico, mentres que os demais contan cunha dotacio´n econo´mica de 15.000 euros cada un. As persoas interesadas en asistir á cerimonia de entrega dos premios poden rexistrarse en http://gain.xunta.gal/eventos/527/entrega+dos+iii+premios+galicia+innovacion+deseno.