A delegada da Xunta en Ferrol pecha na sede de Afundación o proxecto cultural Reencontro coa Galicia Medieval

Ferrol, 15 de decembro de 2022

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde no peche do proxecto cultural Reencontro coa Galicia Medieval, incluído na programación do Xacobeo 21-22. Esta iniciativa que pon en valor a música, a historia e a arte xurdida na época medieval en Galicia, incluíu unha exposición de pintura medieval do artista Pedro Castro Couto que aínda pode visitarse na sede de Afundación ata este sábado 17 de decembro.

 

Durante o acto, a catedrática de Lingua e Literatura castelá Eva Ocampo, presentou a unidade didáctica A Idade Media en Galicia (s. V-XV), un manual dirixido ao alumnado da ESO e Bacharelato, no que se explica a historia, costumes e arte do Medievo galego e que contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística que apoiou a súa impresión.

 

O tamén catedrático, José Antonio Ponte Far, foi o encargado de poñer o broche de ouro da sesión desta tarde cunha conferencia ilustrada con imaxes dos castelos medievais galegos.

Imaxes relacionadas