A Xunta destaca o labor de Aspromor na mellora de habilidades das persoas con discapacidade

Ortigueira (A Coruña), 15 de decembro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe á inauguración do primeiro mercado de Nadal da Asociación Aspromor, en Ortigueira. Durante o encontro destacou o labor desta entidade na mellora de habilidades das persoas con discapacidade a través das súas actividades e talleres ocupacionais.

O director xeral sinalou a importancia de ofrecerlle ás persoas con discapacidade a posibilidade de manter unha vida activa na que sigan aprendendo e adquiran novas competencias. Neste sentido, sinalou que o Goberno galego seguirá traballando o vindeiro ano para aumentar as súas facilidades e dereitos a través dun incremento do 16 % dos orzamentos destinados a esta materia que chegarán ata os 165 millóns de euros.

Imaxes relacionadas