Galicia reduciu en máis de 320 M€ a súa débeda no 3º trimestre e sitúase como a 3º comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante
Cada galego debe hoxe 2.365 € menos que a media autonómica
A ratio débeda/PIB baixou de xullo a setembro ata o 16,8% o que sitúa a Galicia como a cuarta comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España
Galicia aumentou no 3º trimestre o diferencial positivo coa media ata os 7,5 puntos
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022 Galicia reduciu un 2,8% o seu endebedamento no terceiro trimestre do ano, o que supuxo rebaixar a súa débeda en 324 M€, e é a 3ª comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante, segundo os datos publicados hoxe polo Banco de España.
A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.270 euros, fronte aos 6.635 euros da media española, co que cada galego debe hoxe 2.365 euros menos que a media autonómica.
A ratio débeda/PIB baixou en Galicia en 0,9 puntos de xullo a setembro, do 17,7% ao 16,8% , o que supón un diferencial positivo de débeda coa media de 7,5 puntos no terceiro trimestre, xa que o conxunto das CC.AA. ten unha ratio débeda/PIB do 24,3%. Desta forma, o organismo regulador sitúa á Comunidade Autónoma galega como a cuarta de réxime común con menor endebedamento de toda España.
Volume de débeda
O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma que menos aumentou o seu endebedamento desde o ano 2009 o que permite que a comunidade estea agora nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos da pandemia e da crise da alza de prezos.
3ºT 2022 | ||
1 | Canarias | 2.694 |
2 | Asturias | 3.981 |
3 | Galicia | 4.270 |
4 | Andalucia | 4.367 |
5 | Navarra* | 4.633 |
6 | Extremadura | 4.857 |
7 | Madrid | 4.981 |
8 | Pais Vasco* | 5.164 |
9 | La Rioja | 5.271 |
10 | Castilla y León | 5.493 |
11 | Cantabria | 5.851 |
Total CC.AA. | 6.635 | |
12 | Aragon | 6.805 |
13 | Baleares | 7.442 |
14 | Murcia | 7.548 |
15 | Castilla-La Mancha | 7.574 |
16 | Valencia | 10.560 |
17 | Cataluña | 11.049 |
3ºT 2022 | ||
1 | Canarias | 13,5 |
2 | Madrid | 13,6 |
3 | Navarra* | 13,8 |
4 | País Vasco* | 14,6 |
5 | Asturias | 16,1 |
6 | Galicia | 16,8 |
7 | La Rioja | 17,8 |
8 | Castilla y León | 20,4 |
9 | Andalucía | 21,4 |
10 | Aragón | 21,9 |
11 | Cantabria | 23,00 |
12 | Extremadura | 22,8 |
CC.AA. | 24,3 | |
13 | Baleares | 29,6 |
14 | Murcia | 33,4 |
15 | Castilla-La Mancha | 34,1 |
16 | Cataluña | 34,6 |
17 | Valencia | 44,5 |