A Xunta fai un chamamento á doazón de sangue debido a unha baixada xeneralizada das reservas

As reservas de sangue dos grupos 0 positivo e A positivo están en niveis máis baixos, polo que se fai un chamamento especial a doantes destes grupos

Santiago de Compostela, 14 decembro de 2022 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes dos grupos 0 positivo e A positivo. Debido as baixas reservas dos grupos  O+ e A+, no día de onte procedeuse á reprogramación dunha vintena de intervencións cirúrxicas non urxentes en pacientes pertencentes a estes grupos.

Os pacientes afectados polas reprogramacións serán citados de novo tan pronto como sexa posible. A reprogramación supón adiantar intervencións cirúrxicas doutros pacientes cuxos grupos sanguíneos non teñan problemas de reservas de sangue.

A demanda de compoñentes sanguíneos e a coincidencia de días festivos na mesma semana provocaron unha diminución nas reservas de sangue. Neste sentido, a Xunta fai un chamamento á doazón de todos os grupos sanguíneos, e á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS, xa que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial

A Axencia convida aos cidadáns a amosar o seu carácter xeneroso e solidario xa que, debido ao aumento na demanda de compoñentes sanguíneos, por mor do incremento da actividade asistencial dos hospitais galegos, e a coincidencia de días festivos na semana anterior, provocou unha diminución nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos

Ademais, as dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

DATA
CONCELLOS
Mércores 14 de decembro

E. de Especialidades Antonio de Escaño (Ferrol), Pontedeume, Toyota Breogán (Perillo-Oleiros), Obelisco (A Coruña), Corcubión, Jealsa (Boiro), Praza Roxa (Santiago), Ferrería (Pontevedra), AKWEL e Travesía (Vigo), Bº Augas Ferreas (Lugo), Xove, Trasmiras, Santa Baia, Cualedro e A Xironda (Cualedro)

Xoves 15 de decembro

E. de Especialidades Antonio de Escaño (Ferrol), Cedeira, Acuart. de Atocha (A Coruña), Camelle e Ponte do Porto (Camariñas), Cerceda, Jealsa (Boiro), Cacheiras (Teo), Vilagarcía, Ponteareas, Goián (Tomiño), Chantada , CIE GALFOR (S. Cibrao das Viñas), Piñor Arenteiro

Venres 16 de decembro

Bº Inferniño (Ferrol), Bº Novo Mesoiro (A Coruña), O Burgo (Culleredo), Boiro, Lestedo (Boqueixón), Vilagarcía, García Barbón (Vigo), Cangas do Morrazo, Praza Maior (Lugo), Foz, Xinzo de Limia,

Sábado 17 de decembro

Neda, Fonteculler (Culleredo), Boiro, Vilagarcía, Cangas do Morrazo, Monterroso

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

CENTRO
HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
Luns das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas

Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas

Martes, mércores e xoves de 15.00 horas a 22.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
 

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Imaxes relacionadas