A Xunta anima ao tecido produtivo coruñés a avogar pola responsabilidade social empresarial e a crear entornos laborais igualitarios e sustentables

A Coruña, 13 de decembro de 2022

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, convidou hoxe na Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), a pequenas e medianas empresas (pemes) e micropemes, a “dar o salto” á Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e a respectar os criterios ASG (ambientais, sociais e de goberno corporativo) como valores que melloran a competitividade. 

Mancha presentou na CEC o programa da Xunta Responsabilízate, no que están a participar máis dun cento de empresas co propósito de promover o benestar laboral e facer un tecido produtivo máis competitivo. Anunciou ademais que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a culminar a nova regulación da Certificación galega de excelencia en igualdade, un novo selo co que se distinguirá ás empresas galegas que destaquen, de forma salientable, polo seu entorno laboral igualitario e sustentable.

Imaxes relacionadas