O ciclo Mestre Mateo pechou as súas portas nos centros galegos coa proxección do filme “Jacinto”

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022 O ciclo Mestre Mateo chegou este mes ao seu fin, tras oito meses de periplo polas entidades galegas do exterior coa proxección do filme 'Jacinto'. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, tivo ao longo deste ano como obxectivo achegar aos galegos do exterior os documentais e filmes premiados na última edición dos premios do cine de Galicia. 

A Secretaría Xeral da Emigración agradeceu a colaboración dos centros galegos neste labor de achegar o noso cine tanto aos socios das entidades como á poboación en xeral que se achegou a coñecer estas películas e documentais. Neste 2022, as entidades colaboradoras foron os do Centro Galego de Londres, a Asociación Cultural Galega De Berlín Son, o Centro Gallego de Montevideo, o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Sevilla, o Centro Gallego de Tarragona, o Centro Galicia de Bos Aires e a Hermandad Gallega de Venezuela.

Imaxes relacionadas