Fernández-Tapias entrega un lote de libros infantís á campaña “Cada neno un xoguete” impulsada desde Vigo pola Asociación Stop

Vigo, 9 de decembro de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a nave de recollida e reparto da campaña solidaria “Cada neno un xoguete” impulsada desde Vigo pola Asociación Stop.

 

Xunto co seu director, Carlos Leiro, a representante autonómica percorreu as instalacións, e fixo entrega aos impulsores da campaña solidaria dun lote de libros infantís. Asemade, a representante autonómica, quen gabou a importante labor deste tipo de iniciativas, agradeceu a colaboración de entidades privadas e voluntarios para facer posible que “ningún neno quede sen o seu xoguete este Nadal”.

 

Co obxectivo de superar as cifras acadadas no 2021, con máis de 15.000 xoguetes doados, este ano Stop Vigo conta con 15 puntos de recollida de regalos e un almacén central en Coruxo. A recolecta de agasallos xa comezou o pasado 10 de novembro e finalizará o vindeiro 4 de xaneiro, cando levarase a cabo a entrega aos nenos e nenas viguesas.

Imaxes relacionadas