O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 47 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 2 de decembro ata as 23,59 horas do domingo, 4 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

 

A Estrada (Pontevedra), 5 de decembro de 2022

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 60 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 2 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 4 de decembro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 26 accidentes de tráfico.

 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 47 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 60 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58% e do 42% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 27% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

 

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 24 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes
A Coruña
14
Lugo
6
Ourense
3
Pontevedra
24
Galicia
47
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 58. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

 

En 10 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en   50 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

 

Imaxes relacionadas