A Xunta agradece á Cámara Mineira que os seus premios contribúan a reivindicar un modelo de minaría galega sustentable, responsable e con futuro

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na entrega dos premios Santa Bárbara 2022, organizados pola Cámara Oficial Mineira de Galicia. Na súa intervención destacou que estes galardóns contribúan a reivindicar un modelo de minaría galega sustentable, responsable e con futuro. 

Conde lembrou o compromiso de Galicia neste eido que se plasma na posta en marcha da Axenda de impulso da minaría sustentable de Galicia, elaborada en consenso co sector e dotada con 31,9M€ para modernizar as cadeas de valor da industria, fomentar a integración ambiental e a economía circular e poñer en valor o patrimonio mineiro.

 

Imaxes relacionadas