A Xunta asiste á V ‘Festirititi’ de Amicos, que conmemora o día internacional da discapacidade

Boiro (A Coruña), 2 de decembro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron hoxe na quinta edición do Festirititi, festival da inclusión, organizado pola asociación Amicos de Boiro.

 

Amicos é unha entidade referente na comarca do Barbanza pola súa atención ás persoas con discapacidade. Esta asociación traballa todo o ano na mellora de vida destas persoas e das súas familias, co Festirititi, procuran a inclusión e a sensibilización de cara a integración social.

Imaxes relacionadas