O CAPD Souto de Leixa da Xunta celebra unha xornada en conmemoración polo Día mundial das persoas con discapacidade

Ferrol, 1 de decembro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acudiu hoxe á xornada celebrada polos usuarios e traballadores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) Souto de Leixa para conmemorar o Día Mundial das persoas con discapacidade, que se celebra este sábado día 3 de decembro.

 

Ao abeiro desta efeméride, o centro realizou un acendido oficial dunhas luces simbólicas de nadal que apostan pola concienciación fronte á contaminación lumínica e o impulso da eficiencia enerxética. Pola súa banda, Fernando González Abeijón subliñou a importante labor que realizan os profesionais deste centro público, que traballan día a día para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias.

Imaxes relacionadas