A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación da campaña 'Ilumina o teu escaparate', organizada polas asociacións de comerciantes

Fernández-Tapias anima os comercios vigueses a participar no primeiro concurso de Nadal de escaparatismo

Vigo, 1 de decembro de 2022

  A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na presentación da campaña “Ilumina o teu escaparate” que organizan as asociacións de comerciantes para activar o consumo nos pequenos establecementos das diferentes zonas da cidade durante o Nadal.

“Creo que este tipo de accións son moi importantes para dinamizar o comercio e nada mellor que difundir e dar a coñecer as tendas e escaparates de Vigo a través dun concurso que tamén alcanzará todas as redes sociais”, sinalou a representante autonómica.
 

Segundo explicaron os organizadores, os comerciantes das zonas do Calvario, Príncipe, Navia, As Travesas, Vigo Vello, Zona Náutico, Teis, Pereiró, Xeral e Torrecedeira participan na iniciativa que empeza este 1 de decembro e que rematará o vindeiro día 20. Os locais interesados deben envíar as fotos ao correo iluminatuescaparate@gmail.com ou a través do teléfono 696016924.

O vindeiro 8 de xaneiro o Auditorio da Xunta en Vigo acollerá a gran gala na que se darán a coñecer os gañadores. Entre todos os participantes se sorteará unha fin de semana nunha casa rural e unha titoría dun profesional do escaparatismo. Ademais, haberá premios en metálico para o gañador (400 euros), o segundo clasificado (250 euros) e o terceiro (150 euros

Imaxes relacionadas