A Xunta financia a creación de 19 postos de traballo nas comarcas de Ferrol e Eume ao abeiro das axudas do programa Emega para o emprendemento feminino

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as instalacións da empresa Bienestar Social beneficiar dunha achega de 22.000 euros
 

O programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inxectou en sete empresas da contorna 107.000 euros en axudas
 

A iniciativa conta nesta edición con case 4,4 M€, o maior orzamento da súa historia coa que a Xunta prevé conceder unhas 275 axudas, un 18% máis que na anterior convocatoria

Ferrol, 1 de decembro de 2022 A Xunta de Galicia financia a creación de 19 postos de traballo en sete iniciativas empresariais dos municipios das comarcas de Ferrol e Eume. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá unha delas TR Bienestar Social, onde deu conta da resolución das axudas do programa Emega, de fomento do emprendemento feminino que inxecta na zona 107.000 euros.  

 

A empresa Bienestar Social, que dirixe Tamara Ramos e dedicada á atención a persoas dependentes, creou un total de oito postos de traballo gracias ao apoio da Xunta a través dunha achega de 22.000 euros.

 

“O obxectivo do programa Emega, que viu incrementado o orzamento este ano, é o de ofrecer un maior volume de recursos para favorecer a iniciativa empresarial das mulleres e brindarlles maiores oportunidades para diminuír as fendas de xénero”, indicou Martina Aneiros.

 

A convocatoria deste ano conta cun orzamento histórico de case 4,4 millóns de euros (un 34%,2 máis que o ano pasado). Isto permitiu conceder 346 axudas, un 47,9% máis que en 2021 e impulsar 241 novos proxectos empresariais e crearanse e consolidaranse 619 empregos femininos.

 

O programa Emega comprende axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres. Tamén medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos.

 

Catro liñas integran o programa: Emprende, con incentivos para a posta en marcha de novas empresas por parte de mulleres desempregadas e a creación de emprego estable por conta propia e allea; Activa, para favorecer a reactivación e consolidación de proxectos empresariais; ITEF, que pon o foco no apoio a iniciativas empresariais con carácter innovador, con contido científico ou de base tecnolóxica; e a liña Concilia, complementaria das tres anteriores, para axudar tanto ás mulleres promotoras como as traballadoras ao seu cargo na súa conciliación. 

 

Como novidades este ano, ademais do incremento orzamentario global, tivéronse en conta os plans de igualdade vixentes como documentación acreditativa e se elevou a puntuación de pertenza das posibles beneficiarias a algún colectivo prioritario (mulleres con discapacidade, vítimas da violencia de xénero, menores de 30 anos ou maiores de 45 no inicio da actividade laboral, desempregadas de larga duración...), valorándose cada unha destas circunstancias.

 

A Xunta consolida o seu apoio ao talento e o liderado feminino, polo que continúa a impulsar o programa Emega en 2023, que conta con 26 anos de traxectoria en Galicia, como punta de lanza da promoción da igualdade no eido laboral. O pasado 2021 o programa permitiu apoiar a cifra de 234 iniciativas empresariais de mulleres e a creación de 272 novos postos (158 por conta propia e 114 por conta allea) de mulleres, así como o mantemento doutros 240.

 

Coa convocatoria deste ano, desde 2009, o Goberno galego leva investidos cerca de 19 millóns de euros no programa, permitindo a concesión de preto de 1.500 axudas para apoiar proxectos empresariais femininos que permitiron crear 2.084 postos novos e o mantemento de 648 preexistentes.

 
 
 

DISTRIBUCIÓN DAS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA EN FERROLTERRA

 
BENEFICIARIO
INICIATIVA
CONCELLO

POSTOS CREADOS

IMPORTE
TR Bienestar Social SL

Atención a persoas dependentes

Ferrol
8
22.000

Caixa Titiripaca S. Coop. Galega

Gardería
Monfero
2
16.000
Verónica Pita Bieito
Perrucaría
Ares
3
14.000

Salgado García Peluquerías

Perrucaría
Cabanas
2
19.000

María Carmen Permuy Guerreiro

Mercería
Fene
1
10.000
Dulce María Bollo Liñeiro
Café bar
Fene
1
10.000
Tatyana Katyova Petkova
Café bar
Ferrol
2
16.000
TOTAL
 
 
19

107.000 €

Imaxes relacionadas