A Xunta remata a mellora do sistema de abastecemento en varios núcleos do concello de Leiro, paliando os problemas de arsénico e asegurando a calidade da auga

Executouse a nova conexión da auga de abastecemento desde o depósito municipal de Lebosende á rede existente que serve a auga aos veciños dos núcleos de San Tomé de Serantes, Sa e Paredes, na parroquia de Serantes
 

A intervención, que contou cun investimento da Xunta de preto de 50.000 euros, incluíu a construción dun novo bombeo no depósito de Lebosende e unha nova condución de impulsión de 1.114 metros, soterrada, ata a conexión coa rede existente
 

Dotouse tamén dun grupo electróxeno que se aloxa nunha caseta ao carón do depósito de Lobesende
 

Esta intervención dá cumprimento á colaboración comprometida co Concello de Leiro e enmárcase no labor da Xunta de apoio aos municipios para que poidan desenvolver as súas competencias de saneamento e abastecemento dun xeito eficiente

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2022 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou as obras de mellora do sistema de abastecemento en varios núcleos do concello de Leiro, paliando os problemas de arsénico e asegurando a calidade da auga.

 

A Xunta executou unha nova conexión da auga de abastecemento desde o depósito municipal de Lebosende á rede existente que serve a auga aos veciños dos núcleos de San Tomé de Serantes, Sa e Paredes, na parroquia de Serantes.

 

A intervención, que contou cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, incluíu a construción dun novo bombeo no depósito de Lebosende e unha nova condución de impulsión de 1.114 metros, soterrada, ata a conexión coa rede existente.

 

Dotouse tamén dun grupo electróxeno que se aloxa nunha caseta ao carón do depósito de Lobesende.

 

Estas actuacións desenvolveron o proxecto construtivo redactado por Augas de Galicia e dan cumprimento ao compromiso de colaboración expresado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade na xuntanza mantida no mes de febreiro co alcalde de Leiro para solucionar os problemas que, en determinadas ocasións, xeraba o arsénico e asegurar a calidade do abastecemento aos veciños destes núcleos da parroquia de Serantes.

 

A Xunta continúa co seu apoio aos municipios, especialmente aos máis pequenos, para que poidan desenvolver as súas competencias de saneamento e abastecemento dun xeito eficiente.

Imaxes relacionadas