A Xunta destina máis de 425.000 euros ás obras de substitución de cubertas do IES Camilo José Cela de Padrón

Trenor visitou o centro para anunciar a licitación desta actuación moi necesaria para poder mellorar a comodidade e a eficiencia enerxética do instituto

Padrón (A Coruña), 29 de novembro de 2022

  O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández, e polo xefe territorial da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade, Indalecio Cabana, visitou, está mañá, o Ies Camilo José Cela para anunciar a licitación  das obras de substitución das cubertas do edificio que suporán un investimento de máis de 425.000 euros e que teñen un prazo de execución de 4 meses.

O representante do Goberno galego apuntou que “con esta obra melloramos a confortabilidade do edificio e optimizarase a súa eficiencia enerxética”.
 
Trenor explicou a deterioración da cuberta debido a sua antigüedade fai necesario a substtución da mesma, o que implica o desmonte tanto da cobertura existente (tella cerémica curva), como das placas de fibrocemento situadas baixo a tella, para proceder a elevar e suplementar o beirado da mesma e colocar posteriormente novas placas de fibrocemento e cobertura de tella cerémica. Colocaranse novos canlons exteriores e baixantes e illamento de la de roca sobre o forxado do baixo cuberta.

Trenor apuntou que esta actuación inclúese dentro do  Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que ten por obxectivo adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas, cun investiimento de 191 M€ nesta lexislatura. 

Trátase dunha iniciativa pioneira que busca reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa vinculada ás novas metodoloxías de aprendizaxe.

O representante do Goberno galego lembrou que a Xunta de Galicia ten comprometidos coa comarca de Santiago máis 7,1 millóns de euros en grandes obras en 19 centros educativos desta área nos concellos de Ames, Boqueixón, Dodro, Frades, Ordes, Negreira, Padrón, Rois, Santiago, Tordoia, Touro, Trazo e Val do Dubra. Estas actuacións atópanse en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano

Nestas obras de gran envergadura a maior parte son rehabilitacións integrais e enerxéticas e melloras sectoriais, a través das que se mellora a eficiencia dos centros educativos (illamento térmico das fachadas, cambios de cubertas, cambio de fiestras, renovación de luminarias, etc).
 

No relativo ás obras de pequena e mediana envergadura realizáronse actuacións en 19 centros educativos de Ames, Boimorto, Frades, Ordes, O Pino, Rois, Santiago e Val do Dubra. Estas obras consistiron principalmente en reformas e adaptacións en diferentes zonas dos centros (como aseos e comedores), ampliacións de aulas, melloras de accesibilidade, actuacións nos peches dos recintos, así como traballos de modernización e para mellorar o confort de alumnos e profesores.

Así mesmo, o Goberno galego vai a confinanciar a construción de dúas pistas multideporte no CEIP Campomaior de Ordes e no CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba por un importe total de 127.500 euros.
 

Imaxes relacionadas