Política Social e Xuventude participa na presentación do calendario solidario en lingua de signos de FAXPG

A Coruña, 29 de novembro de 2022 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe á presentación do calendario solidario en lingua de signos da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). No mesmo colaboraron doce artistas galegos, entre outros: Carlos Blanco, Carlos Núñez, Susana Seivane ou Yolanda Castaño.

 

Dito calendario ten un custe de 10 euros e nel cada artista sae facendo o signo do mes que lle corresponde. Ademais, no mes indicado, incorpórase un QR onde pódese ver ao artista executando o movemento ou signo do mes. A través desta iniciativa, FAXP quere dar máis visibilidade ás persoas xordas e concienciar ao conxunto da sociedade.

Imaxes relacionadas